vendimia pazo Baión

Selección Albarei

No Val do Salnés atópanse os viñedos de Condes de Albarei. Nesta visita coñecerás os viñedos e a adega do pazo para terminar cunha cata de 4 viños da adega Condes de Albarei que non che deixará indiferente.

Albariños: *Áine, Orixe.

Tintos: Espadeiro, Caíño.

Degustación acompañada de maridaxe.

Este circuíto realizarase con grupos dun mínimo de dúas persoas

Os bonos teñen unha data de caducidade dun ano desde o día da súa emisión.
Á hora da reserva débese comunicar que nos visitan cun bono regalo e facilitar a información do mesmo que se requira.
Imprescindible presentar ao guía o bono físico o día da visita.

50,00 IVE Incluído

Selección Albarei

Categoría

Descripción

No Val do Salnés atópanse os viñedos de Condes de Albarei. Nesta visita coñecerás os viñedos e a adega do pazo para terminar cunha cata de 4 viños da adega Condes de Albarei que non che deixará indiferente.

Albariños: *Áine, Orixe.

Tintos: Espadeiro, Caíño.

 

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Selección Albarei”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Non se vai a atopar no mundo do viño un lugar tan pequeno onde lle ofrezan tanto. Historia, arquitectura, natureza, cultura… Pero sobre todo albariños. Excepcionais elaboracións que sintetizan unha forma de facer as cousas. De facelas ben, por suposto. A adega Pazo Baión é un proxecto con maiúsculas. Un exercicio vitivinícola de 360º. Onde pode gozar do mellor enoturismo, organizar calquera clase de eventos e tocar o ceo saboreando albariños avalados pola crítica e polo gran público, sen dúbida, o mellor dos tribunais cando o que se quere é testar a calidade dun viño.

En Pazo Baión atopará un respecto pola tradición que alcanzou un incalculable valor nos últimos anos. E unha devoción infranqueable polos viños de pago. Elaborados exclusivamente coa uva vendimiada na leira, o que lle confire á botella unha personalidade única. Orixinal. Exclusiva. Á fin e ao cabo, a adega Pazo Baión localízase no corazón dun val, O Salnés, que bebe do mellor do atlántico e as terras galegas. Un verxel no que a variedade de uva albariña atopou un paraíso.

Un reino para expresarse que ten o seu principal palacio no noso pazo. 22 hectáreas trufadas de microclimas nos que vendimiar materia prima que lle outorgarán aos nosos albariños infinitos matices. O soño de calquera amante do mundo do viño.

Pero esta tenda é moito máis. Aquí poderá atopar tamén as elaboracións da adega Condes de Albarei. Un dos referentes da DO Rías Baixas. Os seus viños brancos e as súas extraordinarias aventuras no terreo dos tintos paséanse hoxe polo mundo convertidos en xoias do universo vitivinícola. Puntuados por todas as revistas especializadas ata situalos no club da excelencia, por encima sempre dos 90 puntos, son unha aposta segura. Un must que nunca debe faltar na súa adega. Pazo Baión e Condes de Albarei. Dous tesouros ao alcance da súa man.