Descripción
TEMPERO: “sazón ou estado óptimo dunha cousa”.
Albarei Tempero é un viño da Colección Albarei. As uvas coas que se elabora este albariño proceden de viñedos graníticos, con máis de 40 anos de antigüidade no Val do Salnés. Unha elaboración baseada na baixa intervención, onde o primordial é o tempo, a calma e a espera, necesarias para elaborar un albariño de garda.
Un albariño de cor amarelo pallizo con reflexos dourados. Destaca pola súa alta intensidade aromática, onde conviven os aromas varietais de froita branca e de óso, con recordos cítricas, xunto coas notas de panadaría, froita deshidratada, marmelada de laranxa, etc. Un paso por boca graxo, envolvente, mineral, fresco e potente. Cun longo final.


Reseñas
Aínda non hai valoracións.