This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.
Cata do enólogo
Os nosos enólogoes/enólogos guiaranche nun percorrido polos viñedos e adega onde coñecerás de primeira man as singularidades da leira e o gran traballo levado a cabo na propiedade.
Na degustación, dirixida por un deles, serás ti o que elixas os 5 viños a catar!
Degustación acompañada de maridaxe.
Duración: 2 horas
Para que se realice a visita deberá haber un mínimo de 4 persoas
Dispoñible de luns a venres
Cata privada
100,00€
Produtos relacionados
Cata do enólogo
Non se vai a atopar no mundo do viño un lugar tan pequeno onde lle ofrezan tanto. Historia, arquitectura, natureza, cultura… Pero sobre todo albariños. Excepcionais elaboracións que sintetizan unha forma de facer as cousas. De facelas ben, por suposto. A adega Pazo Baión é un proxecto con maiúsculas. Un exercicio vitivinícola de 360º. Onde pode gozar do mellor enoturismo, organizar calquera clase de eventos e tocar o ceo saboreando albariños avalados pola crítica e polo gran público, sen dúbida, o mellor dos tribunais cando o que se quere é testar a calidade dun viño.
En Pazo Baión atopará un respecto pola tradición que alcanzou un incalculable valor nos últimos anos. E unha devoción infranqueable polos viños de pago. Elaborados exclusivamente coa uva vendimiada na leira, o que lle confire á botella unha personalidade única. Orixinal. Exclusiva. Á fin e ao cabo, a adega Pazo Baión localízase no corazón dun val, O Salnés, que bebe do mellor do atlántico e as terras galegas. Un verxel no que a variedade de uva albariña atopou un paraíso.
Un reino para expresarse que ten o seu principal palacio no noso pazo. 22 hectáreas trufadas de microclimas nos que vendimiar materia prima que lle outorgarán aos nosos albariños infinitos matices. O soño de calquera amante do mundo do viño.
Pero esta tenda é moito máis. Aquí poderá atopar tamén as elaboracións da adega Condes de Albarei. Un dos referentes da DO Rías Baixas. Os seus viños brancos e as súas extraordinarias aventuras no terreo dos tintos paséanse hoxe polo mundo convertidos en xoias do universo vitivinícola. Puntuados por todas as revistas especializadas ata situalos no club da excelencia, por encima sempre dos 90 puntos, son unha aposta segura. Un must que nunca debe faltar na súa adega. Pazo Baión e Condes de Albarei. Dous tesouros ao alcance da súa man.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.