Pazo Baión Vides de Fontán

Pazo Baión “Vides De Fontán” 2020

Os antecedentes de Pazo Baión remóntanse ao s. XVI na propiedade coñecida como Casa de Fontán , onde segundo testemuños escritos xa se cultivaban viñas no ano 1731, vides brancas e seguramente de albariño. Os actuais viñedos de Pazo Baión son a herdanza daquelas míticas vides, perfectamente adaptadas á contorna de singularidade propiedade que imprimen unha forte personalidade aos viños. Das parcelas máis altas e expresivas elabórase este viño, onde a súa longa vida en botella destaca entre as súas outros excepcionais caracteres sensoriais.

30,00180,00

Pazo Baión “Vides De Fontán” 2020

Descripción

De cor amarela brillante con reflexos verdoso. De destacado carácter varietal, con presenza de aromas de flores brancas (azar e xasmín), froita de óso e cítricos, con integradas notas de tostados e especiados. En boca é fresco e equilibrado, de boa estrutura, graxo, envolvente, mineral e de longo desenvolvemento en boca, cun final persistente moi aromático que combina as notas da crianza coas varietales.

Información adicional

Formato

, ,

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Pazo Baión “Vides De Fontán” 2020”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Non se vai a atopar no mundo do viño un lugar tan pequeno onde lle ofrezan tanto. Historia, arquitectura, natureza, cultura… Pero sobre todo albariños. Excepcionais elaboracións que sintetizan unha forma de facer as cousas. De facelas ben, por suposto. A adega Pazo Baión é un proxecto con maiúsculas. Un exercicio vitivinícola de 360º. Onde pode gozar do mellor enoturismo, organizar calquera clase de eventos e tocar o ceo saboreando albariños avalados pola crítica e polo gran público, sen dúbida, o mellor dos tribunais cando o que se quere é testar a calidade dun viño.

En Pazo Baión atopará un respecto pola tradición que alcanzou un incalculable valor nos últimos anos. E unha devoción infranqueable polos viños de pago. Elaborados exclusivamente coa uva vendimiada na leira, o que lle confire á botella unha personalidade única. Orixinal. Exclusiva. Á fin e ao cabo, a adega Pazo Baión localízase no corazón dun val, O Salnés, que bebe do mellor do atlántico e as terras galegas. Un verxel no que a variedade de uva albariña atopou un paraíso.

Un reino para expresarse que ten o seu principal palacio no noso pazo. 22 hectáreas trufadas de microclimas nos que vendimiar materia prima que lle outorgarán aos nosos albariños infinitos matices. O soño de calquera amante do mundo do viño.

Pero esta tenda é moito máis. Aquí poderá atopar tamén as elaboracións da adega Condes de Albarei. Un dos referentes da DO Rías Baixas. Os seus viños brancos e as súas extraordinarias aventuras no terreo dos tintos paséanse hoxe polo mundo convertidos en xoias do universo vitivinícola. Puntuados por todas as revistas especializadas ata situalos no club da excelencia, por encima sempre dos 90 puntos, son unha aposta segura. Un must que nunca debe faltar na súa adega. Pazo Baión e Condes de Albarei. Dous tesouros ao alcance da súa man.