A maxia de Carlos Núñez volve a Pazo Baión

Carlos Núñez é unha icona da música celta

O xenial gaiteiro ofrecerá un concerto o próximo día 23 nos xardíns do pazo para conmemorar os 25 anos de «A irmandade das estrelas». O primeiro disco de Carlos Núñez proporcionoulle un recoñecemento internacional que proxectou a súa carreira

A maxia de Carlos Núñez volverá a Pazo Baión. Será o próximo día 23. Unha sorte de segundo capítulo tras o vivido o pasado verán, cando a gaita do xenial artista encheu de enerxía os xardíns da propiedade.

En realidade, este segundo concerto é dalgunha forma a consecuencia natural do vivido o ano pasado. Foi tan espectacular aquela cita, cos xardíns cheos dun público entregado e admirado, que merecía unha segunda oportunidade.

Unha contorna máxica como a de Pazo Baión ao servizo da música.

A desculpa, ademais, é inmellorable. E é que este ano se cumpre un cuarto de século desde que vise a luz A irmandade das estrelas.

O primeiro disco de Carlos Núñez foi un rotundo éxito internacional. Un delicioso exercicio sonoro que levou a música celta a miles e miles de fogares de todo o mundo.

Un disco de colaboracións con figuras como Paddy Molloney (o líder desa banda lendaria que son The Chieftains), Kepa Junkera, Dulce Pontes ou Luz Casal. A versión da Negra Sombra de Rosalía que interpretan Casal e Núñez é simplemente unha delicia.

Pero por se o cuarto de século de vida de A irmandade… non fose suficiente, o gaiteiro aproveitará o seu retorno a Pazo Baión para presentar o seu novo disco.

A cita nos nosos xardíns, como a do ano pasado, conecta dunha forma natural coa nova forma de concibir os seus concertos deseñada polo artista galego.

Esta clase de evento, di, «pode ser o futuro porque pon en valor o noso. É máis respectuoso co medio ambiente, afástanos das masificacións da vida moderna e, sobre todo, conéctanos coas mellores enerxías da tradición e a natureza».

A amplitude dos xardíns de Pazo Baión ofrece ademais un contexto impagable nestas circunstancias. Amplos corredores de seguridade de entrada e saída, distancias de seguridade totalmente garantidas…

As entradas para o concerto están á venda en Ataquilla.

Visita a nosa tenda online para mercar viño albariño.

Se queres facer enoturismo nas Rías Baixas descubre a nosa adega.

Compartir

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp

Deixa unha resposta

Accede a ofertas exclusivas

Subscríbete á nosa comunidade

A nosas redes sociais

Noticias mais vistas

Pazo Baión

Últimas noticias