A nosa elaboración máis clásica consolídase como un albariño indispensable. A variedade de notas e a delicadeza de Pazo Baión conquistan á crítica e ao gran público
En Pazo Baión estamos de acordo con el. Dicía o inesquecible Federico Fellini que un bo viño é como unha boa película. «Dura un instante e déixache na boca un sabor a gloria que nace e renace en cada sorbo». Na adega recoñecemos esa viaxe que máis tarde ou máis cedo percorren os amantes da viticultura. Os que saben moito e os que senten esa curiosidade natural inherente ao ser humano. Os críticos máis expertos e os que aínda están a dar os seus primeiros pasos ao redor desta cultura.
Pazo Baión, a nosa elaboración máis clásica, aquela con a que este proxecto botou a andar no 2008, é unha boa proba diso. É un albariño que renace con cada sorbo.
Trátase dun viño blanco que vive no padal de cada persoa que o degusta. A delicadeza e a dedicación co que se elabora este viño dotouno dunha personalidade única dentro dos Rías Baixas.
Pazo Baión elabórase exclusivamente coas uvas vendimidas dentro da leira. Un viño de pago que, como recoñece a crítica, viaxa sempre polos territorios da excelencia.
A iso contribúe unha crianza sobre leas de seis meses en depósito de aceiro inoxidable. Ese coidado e coñecemento que ano tras ano imprime o equipo técnico da adega, unido a unha materia prima de gran calidade, trasládase a Pazo Baión en forma de estrutura, de personalidade. De variedade de notas a froita branca, pero tamén a flores como o xasmín ou o azar.
Pazo Baión é a síntese inigualable dun territorio único: O Salnés. Un val fascinante no que a conexión entre a terra e o Atlántico respírase en cada bocanada de aire. Pazo Baión reúne o mellor do chan e do mar en cada copa de viño albariño.
A Toscana galega, como se empezou a bautizar a un territorio que ten moito que ofrecer. Empezando por unha gastronomía en constante evolución. Por esa combinación de terra e mar que sintetiza nunha oferta culinaria que compite hoxe co mellor do país.
Albariño Pazo Baión, o buque insignia
Pero sobre todo cunha oferta vitivinícola que atopa en Pazo Baión o seu máximo expoñente. A epítome dunha forma xenuína e distinta de entender o mundo do viño. Un proxecto impoñente que se consolidou con cada unha das súas elaboracións e que atopa no albariño Pazo Baión o seu buque insignia.
Un pracer para os sentidos ideal para maridar con viños e peixes. Ideal para gozar da familia e os amigos. Pero tamén da intimidade. Deses momentos nos que unha copa de viño pode converterse na mellor compañeira. Para soñar, para escribir, para facer un alto no camiño…
Cada un é libre de elixir o seu momento. E de entender este albariño. Non o esquezan, Pazo Baión renace con cada sorbo.
É así como alcanza esa personalidade tan característica dos viños de Rías Baixas. «Eses aromas cítricos e de flores brancas» que, unha vez en boca, afloran un viño con estrutura, con corpo. Ideal para maridar con eses peixes e mariscos tan propios das ceas do Nadal.
Consulte neste vídeo toda a súa explicación:
A responsable de enoturismo de Pazo Baión, Eugenia Castro, explica neste vídeo as claves do proceso de elaboración do albariño Pazo Baión. A nota de cata, os aromas, todas as particularidades dun viño que se converteu ao longo dos últimos anos nunha referencia indispensable para os amantes desta cultura.
A sucesión de premios recibidos é a resposta a unha identidade moi particular que orbita ao redor dunha idea: a elaboración desta etiqueta única e exclusivamente con uva vendimiada na leira. É, así pois, un viño de pago cunha personalidade propia e un percorrido de presente e futuro envexable.